×

karpinha08's video: Onde latexa a nosa Afouteza Afouteza en tempos de Derbi ONosoDerbi

@Onde latexa a nosa Afouteza || Afouteza en tempos de Derbi... #ONosoDerbi
HD-720p para a mellor calidade!! Afouteza en tempos de derbi... A nosa afouteza está alí onde non chegan as ás do diaño, pero sí as “zarpas” dun gato. Onde nin toda a dor do mundo pode axeonllar a forza daqueles que senten o derbi como algo persoal. Onde 1’86 cm non abondan para conter o pundonor de Bañolas. Onde non se deixa marxe de erro para bater ao destino. Voltarás. Onde latexa con ritmo propio o virtuosismo feito gol. Onde é máis sinxelo desfrutar dun abraiante talento inesperado que nomealo. Onde o nacer dunha nova xoia acentúa irremediablemente a túa canteranitis. Onde os aires de Ferrol moldearon a forza da inmellorable añada do 88. Onde cada minuto atopa 60 segundos de inesgotable traballo e fame de portería. Onde a sempiterna habilidade de Sanlúcar aloumiña o esférico. Aquí impera Don Manuel. Onde a mirada é tan clara coma escura a ferocidade do que nunca se da por satisfeito. Onde a pericia do 13 fai lamentar que só un gardameta poida ubicarse baixo paus. Onde a maxia non entende de altura, só de poesía nada en corazón chileno. Onde non sempre hai minutos pero sí ilusión por cada oportunidade. Onde fai presenza o tremor de Gabón, pulmón todoterreo. Onde os virxes de derbi non se fan unha idea do que se aveciña. Onde nin toda a forza dos seus músculos fai competencia coa da súa vontade. Onde a polivalencia é froito de alegrías e a apracible contundencia apelídase Gómez Solà. Onde hai carácter e a premisa de nunca deixalos pasar. Onde aniña a prioridade de endexamais dar balón por perdido. A fortaleza da Arxentina. Onde a liña que separa o mellor fútbol do superlativo comeza nos miolos dun fillo de Odín. Onde non se arroupa o esférico sen a premisa do esforzo innegociable. Onde os vimbios made in A Madroa van atopando o seu sitio, da man do noso deleite. Alí onde se latexou coma futbolista. Alí onde nunca o celtismo deixará de latexar. Aí é onde nace a nosa AFOUTEZA. A POR ELES. Música: X-Ray Dog - Evolution of Consciousness Tódalas imaxes empregadas foron atopadas no buscador de google e son propiedade dos seus respectivos donos. Vídeo sen ánimo de lucro. Todas as imaxes e música empregadas son propiedade dos seus respectivos e lexítimos donos e foron empregadas por mero entretemento.

171

11
karpinha08
Subscribers
1.6K
Total Post
66
Total Views
340.6K
Avg. Views
6.8K
View Profile
This video was published on 2015-02-17 03:52:22 GMT by @karpinha08 on Youtube. karpinha08 has total 1.6K subscribers on Youtube and has a total of 66 video.This video has received 171 Likes which are higher than the average likes that karpinha08 gets . @karpinha08 receives an average views of 6.8K per video on Youtube.This video has received 11 comments which are lower than the average comments that karpinha08 gets . Overall the views for this video was lower than the average for the profile.

Other post by @karpinha08